A Festa Romaxe das Cruces de Ribadeo, a Feira do Poldro e Gando do Monte de Muras, a Semana Santa de Lugo e a Romaría do San Brais de Bembrive reciben o visto bo e serán elevadas ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva
O Consello Galego de Turismo informou favorablemente da posible declaración de catro novas festas de interese turístico de Galicia. Esta decisión é o paso previo á elevación dos respectivos informes ao Consello de Goberno de Xunta para proceder á aprobación definitiva deste recoñecemento.
En concreto, unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos contemplados no decreto 4/2015, deuse o visto bo a que obteñan esta distinción a Festa da Romaxe das Cruces, en Ribadeo; a Feira do Poldro e Gando do Monte, en Muras; a Semana Santa de Lugo e a Romaría do San Brais de Bembrive. Así mesmo, abordouse o caso doutra serie de festas cuxa declaración foi denegada. Ao respecto, valorouse o labor realizado polos seus responsables e concellos e animouse a continuar traballando na súa organización e singularidade. Trátase de Festa dos Callos, de Salceda de Caselas; a Festa do San Xoán da Pena Molexa, de Narón; a Festa da Chaira Labrega de Guitiriz e o Entroido do Grove.
O Consello Galego de Turismo está composto por representantes de distintos departamentos da Xunta de Galicia, da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), das universidades e do sector turístico. En concreto, forman parten del empresas de restauración, de establecementos de turismo rural, axencias de viaxes e centrais de reserva, hoteis balneario e hoteis talaso e campamentos de turismo. Tamén o integran representantes sindicais e de consumidores e usuarios, así como persoas especialistas neste ámbito.
Na reunión, os integrantes do Consello Galego de Turismo tamén referendaron a declaración do concello de Pantón como municipio de interese turístico, unha vez corroborado que cumpre as condicións recollidas no decreto 32/2015 así como os distintos aspectos necesarios.
Colaboración público-privada
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou por primeira neste órgano despois da remodelación do goberno, polo que aproveitou a ocasión para saudar ao resto de membros e sinalar os importantes desafíos e oportunidades que supoñen, no corto prazo, a chegada do AVE e á celebración do Xacobeo 21. Por iso, salientou a importancia de afondar na colaboración pública-privada impulsada no marco da Estratexia do Turismo 2020.
Entre os temas abordados atópase tamén o proxecto de decreto polo que se establece a ordenación dos campamentos de turismo, que avanza na súa tramitación, así como o repaso aos plans en marcha e aos proxectos europeos nos que a Comunidade está presente.
Ciudad de México a 15 de abril de 2026.- El fervor por el futbol también…
El futuro de la política es femenino: Evelyn Sánchez encabeza el ranking que revela a…
RX México ha lanzado oficialmente NOW!, una innovadora plataforma digital diseñada para revolucionar la experiencia…
Taxco resplandece con la XI edición del Festival Internacional de Cine de Taxco. La ciudad…
EcoPark Hostería, un destino vibrante en Ecuador, se prepara para lanzar nuevos materiales promocionales, incluyendo…
Real, Muy Antigua, Ilustre y Fervorosa Hermandad y Cofradía de Nazarenos del Santo Entierro en…