viernes, julio 12, 2024
spot_imgspot_img

Últimos Posts

EXPOURENSE: Memoria de Actividades 2023

ACTIVIDADE FEIRAL

FORMATIVA · INSTITUCIONAL · INTERNACIONAL · PARTICIPACIÓN EN FEIRAS CALIDADE E EMPRENDEMENTO · EVENTOS · ENTIDADES COLABORADORAS PRESENZA NA REDE · ACTIVIDADE DEPORTIVA · ACTIVIDADE SANITARIA

PREVISEL: 16º SALÓN DA PREVENCIÓN E SEGURIDADE LABORAL 22 E 23 DE MARZO 2023

Único salón destas características en Galicia e que consegue a involucración activa de todos os axentes vencellados á prevención. Cita consolidada como o marco elixido por distintas entidades para impartir formación especializada neste eido.

Aposta pola formación en prevención ofrecendo información e asesoramento especializado para consolidar a cultura preventiva tanto nas empresas como na sociedade en xeral.

Programa con máis de 30 actividades elaborado en colaboración coa administración, patronal, sindicatos, colexios profesionais e servizos de intervención e emerxencias. Este programa tiña o obxectivo de sensibilizar da necesidade de contar con formación en materia de seguridade e prevención de riscos ou de enfermidades e promocionar boas prácticas que garantan a saúde laboral dos traballadores e traballadoras.

V CAR OUTLET 14, 15 E 16 ABRIL

Salón organizado por Expourense coa colaboración da Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O.

Presenza de 15 concesionarios da provincia de Ourense asociados a A.C.A.U.T.O. que representaban a 24 marcas.

Ofreceu as mellores oportunidades do mercado de vehículos de ocasión e segunda man con todas as garantías que brindan os concesionarios oficiais. Foron vendidos 127 vehículos.

OURENSE VINIS TERRAE

10º SALÓN DO VIÑO E LICORES GALEGOS DE CALIDADE 5 E 6 DE XUÑO

Única feira internacional dos viños e licores de Galicia. 100% galega e 100% profesional no que participaron como expositores adegas, cooperativas e embotella- dores de augardentes e licores tradicionais galegos adscritos a algún dos seis Consellos Reguladores de Denominación de Orixe galegos: Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei, Valdeorras, Rías Baixas e Licores e Augarden- tes Tradicionais de Galicia e de dúas IXP de Viños de Galicia (Val do Miño e Barbanza e Iria).

CENTRO DE NEGOCIOS INTERNACIONAL:

720 citas entre adegueiros e importadores, distri- buídores e profesionais da restauración proceden- tes de 23 países. Ferramenta de internacionaliza- ción ao servizo das pequenas empresas.

ACTIVIDADES:

Túnel do Viño con 120 referencias.

Catas comentadas de viños e licores premiados cos Acios ou Potes de Ouro das Catas Oficiais de Galicia.

III Cata Extraordinaria Ourense Vinis Terrae na que participaron 90 referencias.

I Concurso Cata Cega por Equipos “Coñece os nosos viños”.

Presentación da Plataforma Tecnolóxica do Viño (PTV). Presentación Monográfico nº 11 da EVEGA.

Visitas a consellos reguladores e adegas.

1º SALÓN DO VEHÍCULO CLÁSICO

24 E 25 DE XUÑO

Cita nova no calendario feiral de Expourense.

Co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense.

Obxectivo de converterse nun gran punto de encontro para os afeccionados aos coches clásicos.

Área de exposición e Compra-venda de Vehículo Clásico, Época e de Competición.

Participación de 20 clubes de toda España. Presenza do Alpinche de Estanislao Reverter. Parking de clásicos para as visitas

TERMATALIA URUGUAI

21º ENCONTRO INTERNACIONAL DO TURISMO TERMAL, DE SAÚDE E BENESTAR 4 A 6 DE OUTUBRO

Quinta edición de Termatalia en América Latina. Celebrada en Destino Termas (Salto e Paysandú) no Uruguai.

Evento declarado de Interese Turístico polo Ministerio de Turismo de Uruguai. Este país confiou en Termatalia para promocionar a nivel internacional os seus recursos termais e posicionarse, por cantidade e calidade, como un dos grandes destinos termais de América.

Inaugurada polo presidente da República Oriental del Uruguay, Luis Lacalle Pou, sendo a primeira vez na que un Xefe de Estado participou neste evento.

Participación de profesionais dunha vintena de países (Alemaña, A Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Croacia, Ecuador, Estados Unidos, España, Francia, Guatemala, Hungría, México, Panamá, Perú, Portugal e Uruguai).

ACCIÓNS PROFESIONAIS:

IV Congreso Internacional sobre Auga e Saúde que contou con 40 expertos e máis de 500 inscritos (en- tre presenciais e en streaming).

Seminario sobre augas minerais e introdución á cata de augas impartido pola sumiller galega Mer- cedes González e a CEO de PA Laboratorio de Brasil, Joseani Octaviani.

Workshop de Contratación Turística con touropera- dores de Europa e América Latina.

Fam Press con 20 medios internacionais especiali- zados en turismo que incluíu a visita ás principais instalacións termais do país.

Presentacións de publicacións e investigacións es- pecializadas en termalismo.

Sesión específica sobre marketing termal dirixida a empresarios arxentinos co apoio do Inprotur.

ANTIQ AURIA

7ª FEIRA INTERNACIONAL DE ANTIGÜIDADES 6 A 8 DE OUTUBRO

Organizada pola asociación “Memoria Antiga”. Con expositores de España, Portugal, Francia e Suíza.

Punto de encontro de nostálxicos con multitude de obxectos únicos e cheos de historia divididos en antigüidades, coleccionismo e vintage.

Obxectivos: poñer en valor o antigo e que a xente conserve e lle teña cariño ás cousas vellas porque son parte da súa historia e promover o hábito de mercar antigüidades.

Poxa de antigüidades.

XANTAR

24º SALÓN INTERNACIONAL DE GASTRONOMÍA E TURISMO DO 2 Ó 5 DE NOVEMBRO

Única feira internacional de turismo gastronómico de España.

Entrada gratuita, Zona de Tapas e concertos como grandes novidades desta edición.

Exemplo de cooperación público-privada co apoio da administración local, provincial e autonómica e tamén de grandes empresas do sector agroalimentario e servizos de Galicia.

Cinco restaurantes:

Xantar “Tapeando”

Inorde-Gastronomía da Vía da Prata Porto da Guarda

Festas gastronómicas de Valdeorras e Gastronomía do Ma- cizo Central e Valdeorras

Masiva presenza de Cámaras Municipais de Portugal. Estreita cooperación con Turismo Porto e Norte.

Cooperación iberoamericana coa presenza de expositores e profesionais de Perú, Costa Rica, Colombia e Guatemala.

Colaboración con Renfe con descontos en Longa Distancia e Alta Velocidade.

ACTIVIDADES:

Dúas aulas gastronómicas (Experiencias de Calidade by Brico Centro y Aula Mar by Grupo Cuevas), unha de cata e un Túnel do Viño de Galicia con 60 de referencias.

Promoción das “Experiencias de Calidade de Galicia” e doutros selos de calidade como “pescadeRías” ou as conservas de ANFACO-CECOPESCA.

Espazo de degustación das Festas Gastronómicas de Galicia.

140 experiencias enogastronómicas con chefs de España, Por- tugal, Colombia e Perú.

XIX Encontro Internacional de Cofradías que reuníu a 30 entida- des. Patrocinado por Córdoba Patrimonio Gastronómico.

Concertos de Tonichi y Pacheco; Gin Toni`s e Dr. Slump

4º SALÓN DO AUTOMÓBIL

VEHÍCULO NOVO 16 AO 19 DE NOVEMBRO VEHÍCULO DE OCASIÓN 23 AO 26 DE NOVEMBRO

Salón coorganizado entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O.

Presenza de 15 concesionarios da provincia de Ourense asociados a A.C.A.U.T.O.

285 vehículos vendidos. Maior concentración de automóbiles da provincia de Ourense no 2023.

Colaboración con Cáritas. Por cada vehículo vendido, o concesionario correspondente fixo unha doazón a esta entidade, contando tamén coa colaboración de Expourense.

Sorteo dun desconto de 6.000 euros entre os visitantes que pecharon a compra dun vehículo no salón. A gañadora foi María Jesús Pájaro López, veciña de Trives.

PORTUR GALICIA

6º SALÓN DO DEPORTE E TURISMO ACTIVO 30 DE NOVEMBRO E 1 DE DECEMBRO

Celebrado de xeito paralelo e complementario do IV Congreso Internacional de Turismo e Deporte.

Obxectivos:

Promocionar Galicia como un destino privilexiado, atractivo e seguro para o turismo activo

Contribuír á desestacionalización do turismo na nosa comunidade achegando visitantes de proximidade a Galicia a través do deporte.

Participación de 30 federacións e clubes deportivos de Galicia que compartiron espazo con destinos de turismo activo e vencellados coa natureza de Galicia e Portugal.

Programa con máis de 50 exhibicións, adestramentos e clases abertas para os visitantes.

ACTIVIDADE FORMATIVA

CONGRESOS INTERNACIONAIS

Expourense organizou en 2023 dous Congresos Internacionais que se celebraron de xeito paralelo e complementario a dúas das citas do seu calendario feiral: o IV Congreso Internacional sobre Auga e Saúde de Termatalia Uruguai e o IV Congreso Internacional de Turismo e Deporte celebrado de forma conxunta con Sportur Galicia. Ambos eventos celebráronse en formato híbrido entre presencial e virtual e tamén pudieron ser seguidos en español ou inglés.

IV CONGRESO INTERNACIONAL SOBRE AUGA E SAÚDE

Termatalia Uruguai

Celebrado de xeito paralelo e complementario a Termatalia Uruguai entre o 4 e o 6 de outubro. Con sede presencial no recinto de La Calandria en Salto e en Termas de Guaviyú en Paynsadú, departamentos termais do Uruguai, país anfitrión. Contou coa participación de 40 expertos in- ternacionais e foi seguidos por 500 inscritos procedentes de 20 países entre presenciais e virtuais.

Sesións especializadas do congreso:

  • Hidroloxía Médica.
  • Consultoría
  • Calidade en
  • Farmacoloxía
  • Investigación.
  • Marketing
  • Wellness e

Tamén incluíu un Encontro de Políti- cas Termais público-privadas na que Galicia foi a protagonista e unha se- sión científica compartida coa Euro- pean Spas Association – ESPA.

CONGRESOS INTERNACIONAIS

IV CONGRESO INTERNACIONAL DE 28 TURISMO E DEPORTE

Sportur Galicia

Celebrouse entre o 30 de novem- bro e o 1 de decembro de xeito complementario a Sportur Galicia. Contou coa participación de 23 ex- pertos que analizaron o potencial e a influencia do deporte na oferta turística dun destino e foi seguido por 500 asistentes entre presen- ciais e virtuais.

Un dos principais fíos condutores deste congreso foi a organización de grandes eventos deportivos or- ganizados tanto en cidades como en espazos naturais e o impacto que xeneran no turismo e na eco- nomía local e tamén no desenvol- vemento da contorna rural.

Neste bloque de contidos tamén se analizaron as infraestruturas que unha cidade precisa para or- ganizar un gran evento deportivo poñendo como exemplo á orga- nización das series mundiais de Triatlón ou a organización de even- tos relacionados co deporte de motor na cidade de Ourense.

Outros dos temas dos que se falou neste congreso foi a “paquetiza- ción” e comercialización de ofertas de turismo activo; do aproveitamento dos recursos acuáticos para o deporte e o turismo; de dixitali- zación no deporte ou da formación e competencias profesionais en tu- rismo activo.

Pola súa parte, o Clúster Galego da Industria e do Deporte presentou o seu “Plan 2 millóns”, un reto colec- tivo que busca chegar a 2.000.000 de practicantes de actividade física en 2030 (en 2022 había 1.200.000).

EVENTOS FOMATIVOS INTERNACIONAIS

ENCONTRO INTERXERACIONAL

Inspiro

Expourense e a empresa ourensá de marketing Dixital DixitalGou puxeron en marcha a primeira edición de Ins- piro, o Encontro Interxeracional entre o tecido empresarial e os diferentes modelos formativos (Universidade e Cen- tros de Formación Profesional) tanto de Galicia como do Norte de Portugal. Emprendemento, innovación e talento foron os fíos condutores deste encontro que reuniu a 200 asistentes que participaron activamente no programa de xornadas impartido por unha vintena de expertos que ex- pertos que puxeron sobre a mesa temas como a necesida- de de paixón e crenza nos propios talentos para emprender en tempos de incerteza. A presentadora Lucía Rodríguez foi a encargada de presentar este encontro que rematou cunha sesión de networking entre relatores e asistentes.

XVI SIMPOSIO SOBRE

Enerxías Renovables

Este simposio estivo centrado en analizar o papel que xoga a arquitectura na construción de edificios sostibles, eficientes e con tendencia ao “consumo case cero”, pre- sentando casos de éxito nacionais e internacionais. Esta xornada formativa estivo dirixida a profesionais da cons- trución, arquitectos, enxeñeiros e instaladores.

Participaron un total de 12 relatores, entre arquitectos e enxeñeiros de empresas líderes en arquitectura sostible en países como España, Portugal, Italia ou Holanda. Este evento estivo organizado por Expourense coa colabora- ción da empresa ourensá INGEO-Geothermal Research e contou co apoio do INEGA-Instituto de Enerxía de Galicia e da Deputación de Ourense

FORMACIÓN NAS FEIRAS DE EXPOURENSE

As feiras organizadas por Expourense en 2023 e que tiveron un marcado carácter profesional foron reforza- das con xornadas técnicas celebradas de xeito comple- mentario á actividade feiral.

PREVISEL 2023 PRESENTOU UN COMPLETO PROGRAMA DE 30 ACTIVIDADES MOI ESPECIALIZADAS, BA- SEADAS NA REALIDADE DO NOSO TECIDO LABORAL E TOTALMENTE ACCESIBLES. ESTE PROGRAMA FOI ELA- BORADO POLA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA, EM- PRESARIOS, SINDICATOS, MUTUAS E COLEXIOS PROFESIONAIS E TESGALICIA.

Obradoiros do Instituto de Saúde e Seguri- dade Laboral de Galicia (ISSGA).

Un centrado nos traballos temporais en altura e outro so- bre a prevención dos riscos en carpinterías e o manexo seguro da maquinaria e equipamento necesario neste sector. O primeiro incluíu demostración práctica en an- damio a cargo da empresa PREVENKING, especializada neste tipo de traballos. Tamén vencellado cos traballos en altura estivo a xornada práctica organizada pola Fun- dación Laboral para a Construción en colaboración coa Asociación de Construtores de Ourense (ACO).

  • Implicación dos tres sindicatos maioritarios en Galicia: I.G.; U.G.T. e CC.OO.
  • Xornadas para persoal sanitario: organizadas pola Asociación de Técnicos de Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia, , TESGALICIA.
  • Actividades permanentes: posto de asesoramento do Gabinete de Prevención de Riscos Laborais da CEO; as cadeas de supervivencia da Cruz Vermella; amedicións an- tropométricas realizadas pola Xefatura Territorial da Con- sellería de Sanidade ou a información sobre as carpas de aire presurizado como recurso preventivo e de interven- ción que correrá a cargo de Protección Civil do Concello de Barbadás.

·     Participación do Posto de Mando Avan- zado da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA).

  • Exposicións de equipamentos e vehículos vencellados coa prevención e as emerxencias achega- das por entidades como a Deputación de Ourense ou por empresas como Carrocerías Rodríguez López.

OURENSE VINIS TERRAE

COMO CITA DE CARÁCTER PROFESIONAL, OURENSE VINIS TERRAE 2023 OFRECEU UN COMPLETO PROGRA- MA DE ACTIVIDADES ORIENTADAS A PROMOVER A CA- LIDADE DOS VIÑOS E LICORES E DAS VARIEDADES DE UVA AUTÓCTONAS DE GALICIA.

  • Catas comentadas nas que se analizaron os viños, brancos e tintos cos “Acios de Ouro” e tamén os licores e augardentes premiadas co “Pote de Ouro e Prata” nas Catas oficiales de Galicia 2022 que organizou a Axencia Galega de Calidade Alimentaria –
  • Presentación da Plataforma Tecnolóxica do Viño (PTV), asociación que aposta pola Innovación como mo- tor da competitividade do sector vitivinícola.
  • Xornada sobre sustentabilidade e viticultura so- bre a xestión da pegada de carbono nas adegas a cargo de
  • Presentación do monográfico nº 11 da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia – EVEGA: “Sintoma- toloxía das enfermidades do viñedo galego en imaxes”.

XANTAR

AS ACTIVIDADES PROFESIONAIS DE XANTAR 2023 ESTIVERON ENMARCADAS NO XVIII ENCONTRO INTERNACIONAL SOBRE GASTRONOMÍA SOSTIBLE E SAUDABLE QUE OFRECEU 140 ACTIVIDADES DURANTE CATRO DÍAS.

Cabe destacar a elevada participación no conxunto das 140 actividades propostas no programa desta edición xa que todas cubriron o aforo permitido. En total, máis de

5.000 participantes visitaron as 2 aulas gastronómicas e a aula de cata comentada.

Os obradoiros de cociña contaron coa partici- pación de prestixiosos chefs de España, Portugal, Costa Rica, Colombia e Perú) e foron impartidos en dúas aulas gastronómicas (a do Grupo Cuevas e a de Expe- riencias de Calidade by Bricocentro Paradelo). Destaca- ron os obradoiros organizados pola Consellería do Me- dio Rural e pola do Mar.

Aula de catas comentadas con máis de 30 actividades. Catáronse viños, meles, conservas de peixe e marisco, etc.

CURSOS AFD

EXPOURENSE É TAMÉN UN CENTRO AUTORIZADO PARA IMPARTIR FORMACIÓN A DESEMPREGADOS A TRAVÉS DOS CURSOS AFD DA XUNTA DE GALICIA. DURANTE O 2023 IMPARTÍRONSE CURSOS DE “COMPETENCIA MATEMÁTICA N2”, “COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2”, “COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N2”, “MARKETING E COMUNICACIÓN” E OUTRO DE “MERCADOTECNIA E COMPRAVENDA INTERNACIONAL”.

ACTIVIDADE INSTITUCIONAL

CRDO MONTERREI, ENTIDADE COLABORADORA DE EXPOURENSE

O C.R.D.O. Monterrei ratificou un ano máis a súa condición fixo de Expourense a través da sinatura dun convenio asinado polo presidenta do Consello Regulador, Jonatás Gago, e o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez. Grazas á sua condición 36 de entidade colaboradora, a Denominación de Orixe Monterrei puido estar presente en todas as accións promocionais, feiras e eventos organizados polo recinto no 2023.

CONVENIO CON RENFE

O director da Área de Negocios de Alta Velocidade e outros Servizos Comerciais de Renfe, Francisco Arteaga, e o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, asinaron en Fitur un convenio de colaboración para impulsar conxuntamente os servizos de transporte ferroviario e a cidade de Ourense como destino turístico e empresarial. Renfe ofreceu un desconto do 10% en  billetes de AVE e Longa Distancia aos asistentes e expositores das actividades organizadas por Expourense que utilizaron o tren como medio de transporte.

III XORNADAS CREA

O director de Expourense participou no mes de abril nas III Xornadas de Arte e Deseño da EASD Antonio Faílde “CREA 2023” que teñen o obxectivo de visibilizar as actividades e a oferta formativa da EASD na súa contorna social, cultural e produtiva, así como a posta en valor dos proxectos do seu alumnado egresado.

EXPOURENSE, MEMBRO AFILIADO DA OMT

Expourense sumouse á listaxe de Membros Afiliados da Organización Mundial do Turismo. A OMT aceptou oficialmente esta candidatura durante a celebración da 118a Asemblea do seu Consello Executivo celebrado no mes de maio na República Dominicana. Como Membro Afiliado da OMT, Expourense aumenta a visibilidade local, rexional, nacional e global dos seus proxectos vinculados ao turismo a través da rede e das canles da OMT.

MISIÓNS CLÚSTER TURISMO DE GALICIA

Expourense participou nunha misión empresarial de presentación da oferta turística de Galicia ante axentes do sector hostaleiro e de organización de eventos que tivo parada en Málaga e en Madrid.

CONVENIO CON VILLATRABAZOS

Fundación Expourense e Villatrabazos Abellás asinaron un convenio de colaboración que permitiu que expositores e visitantes de feiras e eventos de Expourense dispoñan de prezos especiais nestes aloxamentos turísticos situados no centro da cidade de Ourense.

ACTO NO CONSULADO DO URUGUAI

Expourense foi convidada polo Consulado Xeral de Uruguai en Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco a participar noacto de celebración do 259º Aniversario do Natalicio do Prócer Nacional do Uruguai, Xeneral José Gervasio Artigas.

APOIO ÁS FESTAS GASTRONÓMICAS DE OURENSE

O director xerente de Expourense e director de Xantar participou nos actos inaugurais de distintas festas gastronómicas da provincia de Ourense que exaltan produtos autóctonos de calidade de Galicia e que foron promovidas por concellos que son habituais expositores do Salón Internacional de Turismo Gastronómico (Festa do Pan de Cea, Pemento de Arnoia, da Anguía de Castrelo de Miño, Feira de Artesanía de Cortegada, etc.)

DÍA NACIONAL DE URUGUAI

O director xerente de Expourense participou o 25 de agosto no Acto Oficial de Conmemoración da Festa Nacional da República Oriental do Uruguai en España convidado pola embaixadora deste país en España, Ana Teresa Ayala. A celebración do Día Nacional do Uruguai tivo lugar no porto da Coruña a bordo do Veleiro Escola Capitán Miranda, denominado “Embaixador uruguaio ante os mares e o Mundo”.

RECEPCIÓN NOVO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN

O novo presidente da Deputación provincial de Ourense, Luis Menor, recibiu ao director xerente de Expourense ao que lle trasladou o máximo compromiso da institución provincial ao labor que desenvolve o recinto feiral ourensán, que cualificou como “un dos principais promotores da provincia”.

DIAGNOSE TURISMO DE GALICIA

O director xerente de Fundación Expourense, Rogelio Martínez, participou no mes de novembro nunha mesa de traballo organizada polo Clúster Turismo de Galicia co apoio da Axencia de Turismo de Galicia no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense que tiña o obxectivo de obter unha Diagnose Estratéxica da situación do turismo en Galicia.

ACTIVIDADE INTERNACIONAL

PROMOCIÓN DE TERMATALIA URUGUAI 2023

A celebración de Termatalia Uruguai no mes de outubro conlevou una intensa campaña de preparación e promoción entre os principais axentes involucrados no evento: Ministerio de Turismo da República Oriental do Uruguai e os departamentos termais de Salto e Paysandú, entre outras entidades colaboradoras como Salto Grande ou os distintos complexos termais.

A campaña de promoción incluíu una rolda de prensa oficial de presentación do evento celebrada no mes de xullo na sede do Ministerio de Turismo de Uruguai en Montevideo na que o director da feira, Rogelio Martínez, estivo acompañado polo ministro de Turismo, Tabaré Viera, e polo viceministro , Remo Monzeglio.

A ARXENTINA

Tamén se fixo una intensa campaña de promoción de Termatalia Uruguai na Arxentina a través de reunións cos representantes do Inprotur, con asociación empresariais relacionadas coa hostalería e o turismo e acompañando ao ministerio de Turismo de Uruguai na súa participación na FIT-Arxentina.

PARTICIPACIÓN EN FEIRAS

FITUR MADRID

Expourense participou na Feira Internacional de Tu- rismo de Madrid – Fitur 2023 celebrada no mes de xaneiro. Alí presentou as súas dúas feiras inter- nacionais relacionadas co Turismo: Termatalia Uruguai e Xantar. Estas citas tamén se promocionaron no stand da Axencia de Tu- rismo de Galicia.

BTL LISBOA

Expourense participou na BTL de Lisboa, o principal evento profesional do turismo de Portugal, para presentar as súas dúas feiras internacionais de turismo ante representantes institucionais e empresarios do sector do país veciño, que sempre ten un protagonismo nestes eventos. A presenta- ción tivo lugar no stand que a Entidade de Turismo Porto e Norte de Portugal, socio estratéxico de Expourense no país veciño. Estas feiras tamén foron promocionadas a tra- ves do stand de Turismo de Galicia.

ITB BERLÍN

Expourense participou na misión empresarial organi- zada polo Clúster de Turismo de Galicia a ITB de Berlín onde promocionou a vindeira edición de Termatalia Uru- guai e puxo en contacto ás autoridades turísticas do país latino coas galegas.

I ENCONTRO ENOGASTRONÓMICO DE MONTALEGRE

Xantar 2023 promocionou o seu Encontro Internacional de Confrarías Gastronómicas e Enófilas no I Encontro Enogastronómico celebrado no Municipio de Montalegre (Portugal).

FEIRA AGRO DE BRAGA

Expourense participou na 55ª edición da Feria Internacio- nal de Agricultura, Gando e Alimentación de Braga- AGRO que organizou ademais o Día adicado a Galicia. Promo- ciounou as feiras do segundo semestre do ano onde a participación portuguesa é destacada, tanto a nivel de ex- positores como de visitantes.

TUREXPO – FEIRA INTERNACIONAL BANCA SEMANA VERDE

Expourense presentou nestas citas celebradas en Silleda no mes de xuño as feiras do seu calendario feiral para a segunda metade do ano. A equipa da Fundación visitou ademais aos expositores habituais de feiras como Xantar.

XVI ENCONTRO DE VILAS TERMAIS

Expourense presentou Termatalia Uruguai no XVI Encontro Na- cional de Vilas Termais de España celebrado no mes de marzo na vila termal de Arnoia, na provincia de Ourense. O director xerente de Expourense estivo acompañado nesta presentación polo vice- presidente de Vilas Termais de España e alcalde do Concello de Arnoia, Rodrigo Aparicio. Ao remate da súa presentación, Rogelio Martínez recibiu unha emotiva sorpresa por parte dos organizadores deste encontro, xa que Villas Termales quixo agradecerlle a súa achega e o seu impulso para a creación desta entidade.

I WORKSHOP DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL – ASICOTUR

O director xerente de Expourense participou como relator no 1º Wor- kshop de Cooperación Internacional organizado por ASICOTUR, entidade da que a Fundación é socio protec- tos. Participou no pael de expertos no que se analizou a sustentabilida- de na organización de eventos.

CONGRESO FEMTEC

Termatalia presentou os resultados da edición de Uruguai no marco da 74ª Asemblea Xeral da FEMTEC, World Federation of Hydrotherapy and Climatotherapy, celebrada en Ourense a finais de outubro.

DELEGACIÓNS INTERNACIONAIS

A través da rede de delegados e colaboradores internacionais de Termatalia, a feira promociounouse en importantes foros e congresos vencellados con turismo.

CALIDADE E EMPRENDEMENTO

RECOÑECEMENTOS Á CALIDADE E Á INNOVACIÓN

As feiras profesionais de Expourense convocan unha serie de premios a entidades, empresas e profesionais que teñen por obxectivo recoñecer a súa calidade, innovación, aposta pola sustentabilidade ou contribución ao desenvolvemento do seus correspondentes sectores.

1º CONCURSO DE PROXECTOS EMPRENDEDORES

O primeiro Encontro Ins- piro incluíu a presentación dos finalistas e entrega de premios aos gañadores do 1º Concurso de Proxectos Emprendedores coorgani- zado tamén entre Expou- rense e a empresa Dixital- Gou. Tiña o obxectivo de vencellar o ensino co mun- do empresarial. Os proxec- tos gañadores foron:

1º premio

“Luxsit. Espectáculo de luces con enxame de drons” de Gabriel Alejandro Pérez, Lucas Hermida e Santiago Alberto Corrales, tres alumnos do Grao de Enxeñería Aeroespacial da Universidade de Vigo.

2º premio

“Master of Secular Crafts” creado por Laura Bernardo e Gisela Santos da Escola Superior de Tecnologia e Gestao de Lamego, en Portugal.

3º premio

“Certychain” creado por Alejandro Rial Pinto; Sara Chao Tizón; Manuel Mateo Delgado Gambino López e Nicolás Cao Parga, alumnos da Universidade de Vigo.

III CATA EXTRAODINARIA OURENSE VINIS TERRAE

Estivo dirixida pola sumiller galega Mercedes González. Participaron nesta cata unicamenre as adegas expositoras presentando en total 88 referencias a concurso.

1º CONCURSO CATA A CEGAS POR EQUIPOS “COÑECE OS NOSOS VIÑOS”

Ourense Vinis Terrae 2023 organizou o 1º Concurso de Cata a cegas por equipos “Coñece os nosos viños”.

O equipo gañador foi o integrado por Carlos Alberto Olivera, Daniel Marín, Ramón Barreiro e Guillermo Díaz. Son sumilleres profesionais de recoñecdos restaurantes da provincia de Ourense e que foron reunidos en grupo por Casa Gazpara do Carballiño.

PREMIOS XANTAR INTERNACIONAL

Os Premios Internacionais Xantar naceron cando a feira obtivo o seu Selo de Internacionalidade (en 2014) e contribúen a recoñecer iniciativas públicas ou privadas que destacan pola súa posta en valor da gastronomía e o turismo, dende unha perspectiva innovadora.

APOIO Á CALIDADE. ADEGAS GAÑADORAS DAS CATAS OFICIAS DE GALICIA

A Consellería do Medio Rural pro- moveu a participación en Ourense Vinis Terrae a participación de 12 das adegas gañadoras dos Acios e Potes de Ouro nas Catas Oficiais de Galicia 2022.

APOIO A EMPRENDEDORES, PEQUENOS PRODUTORES E COOPERATIVAS

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural (AGACAL) e da de Emprego (Economía Social de Galicia) facilitou a participación en Xantar 2023 dunha vintena de empresas, pequenos produtores e cooperativas do sector agroalimentario.

EVENTOS

Ao longo do ano 2023, as instalacións de Expou- rense foron utilizadas por distintas empresas e institucións para celebrar unha quincena de eventos que superaron as 20.000 visitas.

PRESENZA DE EXPOURENSE EN INTERNET E NAS REDES SOCIAIS

Expourense conta cunha web corporativa da Fundación, www.expourense.org, que serve de porta de entrada a todos os proxectos promovi- dos dende esta entidade.

Na actualidade, os proxectos promovidos por Expourense poden seguirse a través de 8 páxi- nas webs específicas que recibiron durante o 2023 máis de 175.000 visitas.

www.expourense.org www.termatalia.com www.xantar.org www.funergal.com www.vinisterrae.es www.previsel.com www.sporturgalicia.com www.salonvehiculoclasico.com

ACTIVIDADE SANITARIA

As instalacións de Expourense volveron convertirse en “vacinódromo” para a vacinación simultánea de Gripe e Covid das persoas maiores de 60 anos entre os meses de outubro e novembro de 2023. Nese periodo administráronse no recinto 32.959 doses.

ACTIVIDADE DEPORTIVA

ATLETISMO

Expourense acolleu no 2023 dous Campionatos de España de Atletismo: o de Clubes COPA RFEA e Copa Iberdrola e o Sub-16.

Probas de atletismo desputadas en 2023:

  • Torneo Intercentros Primaria
  • Torneo Intercentros Secundaria
  • Trofeo ABANCA Pista Cuberta 2022
  • Copa Deputación Trofeo Aurum
  • Campionato de Clubes Probas Combinadas, Control FGA
  • Control de Marcas de Inverno CAR
  • Control de Marcas Varios Clubes
  • Campionato Xunta de Galicia de probas combinadas, absoluto sub20 e máster, control FGA
  • XXXVI Campionato Xunta De Galicia Sub16
  • Campionato Xunta de Galicia Sub20
  • Xogando ao Atletismo. Alevín
  • Promoción atletismo 1º- a ESO
  • XVIII Copa Xunta de Galicia de Clubes en Pista Cuberta
  • IV Control Pista Cuberta G. Pontevedra – C.A. Sada
  • XXXVIII Campionato Xunta De Galicia Absoluto e Campionato Xunta de Galicia Sub 23 en Pista Cuberta
  • XXXVIII Campionato Xunta ee Galicia Absoluto e Campionato Xunta de Galicia Sub 23 de Probas Combinadas en Pista Cuberta
  • XVI Campionato Xunta de Galicia Sub10 – Sub12 – Sub14 En Pista Cuberta
  • XXXIV Campionato Xunta de Galicia Máster en Pista Cuberta e Probas Combinadas
  • Campionato de España de Clubes Copa RFEA e Copa Iberdrola – Pista Cuberta
  • XLVI Campionato Xunta De Galicia Sub20
  • LXVI Campionato Xunta De Galicia Sub18
  • II Campionato Galego de Atletismo Adaptado en Pista Cuberta – I Open Nacional de Lanzamento de Peso 2023
  • Final Intercomarcal Xogando Ao Atletismo Alevín – Xogando Ao Atletismo
  • V Copa Xunta de Galicia Clubs Máster de Pista Cuberta
  • Campeonato de España Sub-16
  • Campeonato Xunta de Galicia de Clubes de Probas 67

Combinadas e Criterium

  • Adestramentos

Adestramento Selección Española de Relevo 4 x 400

Ademais do calendario de competición deportivas e adestramentos, a pista deportiva de Expourense foi elixida pola Selección Española de Relevos 4×400 para prepararse para o Campionato Europeo de Atletismo que se celebraría días despois en Estambul.

Participaron nestes adestramentos en Ourense os atletas Oscar Husillos; Iñaki Cañal; Manuel Guijarro; Lucas Bua; David Gª Zurita; Markel Fernández; Quique Llopis e Kevin Sánchez.

Pista polideportiva

Máis alá do atletismo, Expourense converteuse tamén nunha pista deportiva para acoller campionatos e adestramentos doutras disciplinas deportivas

Hockey Sala:

Campionato de España Infantil de Hockey Sala (Masculino e Feminino)

Ximnasia Rítmica:

Adestramento dos equipos que participaron no Campionato de España de Equipos de Ximasia Rítmica celebrado no mes de xullo no Paco Paz.

Visita Federación Española de Badminton

#Expourense recibiu a visita do director de eventos da Federación Española de Bádminton, Alberto Carazo, e do presidente da Federación Galega de Bádminton, Rodrigo Sanjurjo, que percorreron as instalacións do recinto para valoralas como sede para acoller o Campionato Europeo Sénior Campionato en 2026.

Latest Posts

No puedes perderte